Repunta dos casos en centros educativos da Galiza

Estudantes de bacharelato nun exame de selectividade en Viveiro. Foto: Europa Press / Carlos Castro)
Mantéñense 66 aulas en corentena e tres escolas infantís seguen fechadas.

O número de aulas en corentena na Galiza pola incidencia da Covid-19 ascende a 66, tres máis que o día anterior, nunha xornada na que tamén se incrementa o cómputo global de casos na comunidade educativa.

Segundo a última actualización de datos difundida pola Xunta na mañá deste sábado, os centros educativos galegos teñen 867 casos activos, dez máis que 24 horas antes.

Así, mantéñense tres escolas infantís clausuradas e 66 unidades educativas atópanse en corentena.

O centro con maior incidencia segue a ser o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha, na Coruña, con 23 positivos (un máis).

Por áreas, a de Vigo continúa como a máis afectada cun total de 202 persoas vinculadas a centros educativos contaxiadas, oito máis que un día atrás. Ademais, as aulas en corentena son 14 ao sumar unha máis.