Rescatados os tres tripulantes dun pesqueiro afundido ao sur do cabo Fisterra

Embarcación de salvamento marítimo. (Foto: Salvamento Marítimo)
Segundo informou Salvamento, a alerta recibiuse no centro de coordinación de Fisterra (comarca homónima) pouco antes das 9 horas.

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron os tres tripulantes dun pesqueiro que afundiu por unha vía de auga dúas millas ao sur do cabo Fisterra.

Segundo informou Salvamento, a alerta recibiuse no centro de coordinación de Fisterra (comarca homónima) pouco antes das 9 horas. O alertante foi o barco 'Meira da Costa', que informaba de que había unha embarcación con problemas chamando pola canle 16 de VHF.

Salvamento Marítimo contactou entón co pesqueiro en dificultades, 'Tamara', confirmando que tiña unha vía de auga e que se atopaba a dúas millas ao sur de Fisterra.

Desde o Centro de Coordinación dixeron aos tripulantes que se puxesen os chalecos salvavidas e, de inmediato, mobilizaron o buque 'Don Inda' e o helicóptero 'Helimer 401', ambos con motobomba.

Afundimento do barco

Ás 9.08 horas, a embarcación de recreo 'Batega' rescatou aos 3 tripulantes do pesqueiro e confirmou que estaba afundida unha cuarta parte do barco.

A embarcación 'Salvamar Regulus' foi mobilizada para tentar o remolque coa auxiliar do buque 'Don Inda', mais, finalmente, o pesqueiro afundiu sobre as 10 horas. Mobilizouse o avión 'Sasemar 305' para vixilancia de restos de contaminación.