Rescatan o corpo sen vida dun home nun río da Estrada

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).

Os servizos de emerxencia rescataron o corpo sen vida dun home que atoparon flotando nun río da parroquia de Anois, no concello da Estrada, comarca de Terra de Montes.

Segundo informou o 112, ao fío das 18:30 horas deste cuarta feira foi un particular que estaba a pescar no río o que deu a voz de alarma.

A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, aos Bombeiros do  Deza, GES da Estrada, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias recuperaron do río o corpo da persona falecida