Pillado 'in fraganti' un buque que descargaba ilegalmente hidrocarburos na costa galega

O buque, capturado polas autoridades da Mariña Mercante. (Foto: Salvamento Marítimo)
Deixou un rastro de 12,7 quilómetros no mar.

A Capitanía Marítima de Tarragona, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, vén de ordenar a retención do buque Lagertha, con bandeira de Malta, por unha descarga ilegal de hidrocarburos realizada na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra, na costa galega.

A descarga de hidrocarburos detectouse o pasado 11 de febreiro, cando o avión de Salvamento Marítimo realizaba un control rutineiro de prevención e loita contra a contaminación sobre esta contorna, e sorprendeu o buque 'in franganti'. A mancha estendeuse nunha superficie de 12,7 quilómetros cadrados, detallou o Goberno español.

O barco manterase detido no porto de Tarragona (Catalunya) até que os seus propietarios abonen unha fianza de 100.000 euros na caixa de depósitos e o capitán presente a documentación requirida e designe un domicilio no Estado español.
[EN AMPLIACIÓN]