Retoman as obras que ameazan as árbores da illa do Toleiro en Sarria

[Imaxes: Plat. Sarriana polo río]

A construtora reiniciou a obra e podería derrubar a ponte que une a vila de Sarria coa illa do Toleiro. Veciñanza e activistas da Plataforma Sarriana polo río ocuparon o acceso para impedir que as obras destrúan o bosque de ribeira.

 

Após días paralizada, a obra que ameaza a illa do Toleiro en Sarria volvéronse reanudar. Esta cuarta feira, a empresa constutora reactivou a actividade dun proxecto --apoiado polo Concello e a Conferencia Hidrográfica Miño-Sil-- que poñerá fin ao patrimonio etnográfico que acolle o illote. E é que o Toleiro conta cun bosque de ribeira con máis de 170 ameneiros, unha especie protexida que se dá por perdida en toda Europa. 

Perante a reanudación das obras e o temor a que a ponte que une a illa do Toleiro coa vila de Sarria sexa derrubada, a veciñanza e a Plataforma Sarriana polo río botáronse á rúa para impedir que o proxecto avance. 

"Polo de agora estamos na ponte para evitar que se tire", contan desde a Plataforma en conversa con Sermos Galiza. "Mais todo parece que o derrubo podería ser inminente", aseguran. Pois "xa quitaron a estatua e as farolas que había na ponte". O ambiente entre a veciñanza, explican, "é de impotencia" pois "non sabemos se será hoxe ou mañá". No entanto, a rápida resposta social freou temporalmente a destrución da ponte. 

Así as cousas, desde a Plataforma Sarriana polo Río aseguran que continuarán adiante coa mobilización para impedir que as obras destrúan este patrimonio etnográfico tan valioso.