Rexístrase un terremoto de magnitude 2,2 con epicentro en Mos

Epicentro do sismo desta quinta feira en Mos (Foto: IGN).
Tras producirse o movemento de terra, o 112 Galiza recibiu a chamada de dous particulares. Indicaban que na parroquia de Bembrive (Vigo), concretamente no Camiño das Cerdeiras, os veciños percibiran o tremor.

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta quinta feira un sismo de magnitude 2,2 con epicentro no municipio de Mos (comarca de Vigo).

Tras producirse o movemento de terra, o 112 Galiza recibiu a chamada de dous particulares. Indicaban que na parroquia de Bembrive (Vigo), concretamente no Camiño das Cerdeiras, os veciños percibiran o tremor.

Non hai danos

Aseguraban, con todo, que non había persoas feridas, nin sequera danos materiais.

Así, os xestores do 112, postos en comunicación co Instituto Xeográfico Nacional, confirmaron o movemento sísmico con epicentro en Mos, ás 15.34 horas.