Incendios/Alerta 2

Riscos para as persoas en até 8 concellos

Declarada a situación alerta 2 en Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Gondomar, Cervantes e San Cristovo de Cea.

A proximidade das lapas a núcleos habitados obrigou a activar a situación de alerta 2 e ao desaloxo de veciñas e veciñas, por exemplo nos lugares de Devesa, Sobreira e Incios (concello de Gondomar).

 

Fontes da Policía Nacional informaron a Europa Press de que tiveron que intervir para esgatar das súas moradas persoas de avanzada idade que corrían serio risco de se veren atrapadas polas lapas. En ocasións entraron nas casas após a rotura de xanelas para tirar as persoas anciás dunha trampa seguramente mortal.

 

En Sobreira -un núcleo de populación perto de Vigo- unha persoa nonaxenaria foi atinxida por inhalación de fume