Rúas e prazas de Galiza, máis unha vez, contra as violencias machistas

Imaxe: GZ Contrainfo

Cidades e vilas acolleron concentracións de rexeite e denuncia após o asasinato de Chapela.

Centos de mulleres volveron saír na noitiña desta cuarta feira a rúas e prazas de Galiza para amosar o rexeitamento ao asasinato machista de Chapela. De Vigo, Ferrol ou A Coruña até Vilagarcía, Lugo ou Betamiráns (Ames). En todas o mesmo sentir e a mesma denuncia, máis unha vez. Dous asasinatos machistas en Galiza e 16 no estado español no que vai do ano. O 30% destas asasinadas presentaran denuncia.

“Polo noso dereito a vivir en paz”, “A violencia de xénero é a primeira causa de morte entre as mulleres do mundo”, “Contra a violencia machista, loita feminista”, “Estamos fartas de ser asasinadas!”, “Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia”... foron algunhas das palabras de orde nas mobilizacións.