De Salceda á Antártida para investigar o retroceso dos glaciares

Gómez Pazo, primeiro pola dereita (Foto: AGP)

Alejandro Gómez Pazo participa nunha campaña de investigación na Antártida

Alejandro Gómez Pazo, natural de Salceda de Caselas, comarca de Vigo, participa durante os meses de xaneiro e febreiro na campaña antártica da man do proxecto Paramtar. Trátase dunha investigación liderada por Jesús Ruiz Fernández, da Universidade de Oviedo.

Este proxecto céntrase en coñecer en detalle como ten sido o proceso de deglaciación nas illas Shetlands do Sur, na Antártida marítima.

Isto realizase a partir da incorporación de novas tecnoloxías coma os drons, os sensores RFID ou as cámaras time-lapse, ao que se unen as datacións mediante cosmoxénicos para poder coñecer cal foi a evolución destes sectores nos derradeiros miles de anos até a actualidade.

Gómez é xeógrafo de formación e desde o pasado mes de outubro traballa no departamento de Xeografía e Xeoloxía da Universidade de León, tralo seu paso polo CSIC e máis recentemente pola Universidade de Santiago de Compostela.

Este xaneiro Pazos inicia a súa primeira campaña de investigación na Antártida, na que as súas principais responsabilidades centraranse no emprego das novas tecnoloxías para o coñecemento das variacións da capa de xeo no entorno das Shetlands do Sur e as súas consecuencias.

O grupo de traballo no que participará Alejandro, dentro do proxecto Parantar, tamén estará formado por investigadores e investigadoras de diferentes universidades do Estado.

Todas as novidades do proxecto a través das redes sociais: Twitter/X - @_parantar_ ; Instagram - @_parantar_