Sanidade confirma 18 casos de Coronavirus na Galiza

Oito na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense.

A Consellería de Sanidade confirmou a existencia de 13 persoas infectadas por Covid-19 na Galiza, ás que podería sumarse un home ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, cuxas probas foron enviadas ao Centro Nacional de Microbioloxía de Madrid.

Nunha rolda de prensa celebrada esta segunda feira pola tarde en Santiago, o Goberno galego actualizou o número de persoas infectadas con coronavirus na comunidade. Así, confírmanse un total de 13 casos de Covid-19, dos cales oito están situados na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense.

Os casos da cidade herculina están relacionados co centro cívico de Feáns, que foi pechado polo Sergas para reducir a súa desinfección.

Polo momento, na Coruña hai dúas persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario (Chuac). Trátase dun home de 81 anos con patoloxías previas con positivo para coronavirus e que permanece na UCI con prognóstico grave. Ademais, tamén está ingresado o primeiro paciente confirmado con Covid-19 en Galiza, que permanece "estable dentro da gravidade" ingresado nunha planta convencional.

Na actualidade en Galiza, o Ministerio de Sanidade confirmou seis casos positivos, catro en Vigo - tres da mesma familia e o cuarto cunha estreita relación con ela-- e dous na Coruña - sen relación entre si.