Detido en Narón o home acusado de secuestrar a súa ex-compañeira

[ACTUALIZADA 12:18H] A muller foi atopada na madrugada da segunda feira en bon estado. 

Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press o home acusado de secuestrar a súa ex-compañeira e de agredir o actual compañeiro desta foi detido e atópase na comisaría da Policía en Ferrol 

Fontes consultadas pola axencia sinalaron que a muller foi atopada en bon estado na madrugada da segunda feira e que a súa actual parella, á que lle romperon o radio e cúbito dun brazo cunha barra de ferro, foi dado de alta. 

Segundo recolle La Voz de Galicia, a muller declarou non ter sido secuestrada e asegurou non ter estado presente durante a agresión ao seu actual compañeiro

Aliás, esta fin de semana foi detido un mozo de 24 anos na Coruña por un delito de violencia machista. A muller denunciou ter sido agredida en presenza da súa filla. 

No Estado español foi asasinada esta fin de semana pola violencia machista máis unha muller. Aconteceu en Aranda del Duero.