Segue o peche na Facultade de Historia da USC

Asemblea no peche da Facultade de Historia da USC

Desde o peche na facultade de historia animan a participar noutras concentracións que rexeitan a suba das taxas e reclaman un mellor ensin público.

O peche na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para protestar en contra da suba das taxas e os recortes no ensino, continúa. Comezou despois dunha asemblea aberta que tivo lugar na mesma facultade, o pasado 24 de maio, e queren que sexa indefinida até que escoiten as súas reclamacións. No peche realízanse actividades que permiten a apertura, mesmo hoxe domingo, das instalacións.  

Máis protestas
Desde o peche apoian e animan a participar na Concentración Consello Social na Balconada o martes ás 16:00h por mor da aprobación da Normativa de Permanencia no Consello Social e na manifestación do mércores día 6 ás 13:45 desde medicina, convocada por AEOS (Asociación de Estudantes de Odontoloxía) e apoiada pola Liga Estudantil Galega e polos Comités, por mor da imposición do calendario de Boloña ás titulacións de licenciatura destas facultades.