A sentenza do Alvia sairá á luz antes do 31 de agosto

Entrada aos xulgados nos que decorreu o xuíxo do Alvia (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Familiares das vítimas realizaron un acto íntimo en Rois (Sar) en lembranza das persoas que faleceron no tráxico accidente.

A sentenza tras o xuízo polo accidente do Alvia sairá a semana que vén, como moi tarde o 31 de agosto, asegurou a Nós Diario Jesús Domínguez, portavoz da Asociación Plataforma Vítimas Alvia 0455, citando fontes xudiciais.

Precisamente esta quinta feira, familiares das vítimas realizaron un acto íntimo en Rois (Sar) en lembranza das persoas que faleceron no tráxico accidente. O acto tivo lugar no Xardín do Recordo, no Pazo Faramello.

Neste contexto, Domínguez sinala a este xornal que as familias senten "cansazo e rabia ante as trabas do Estado e das institucións". "Temos poucas esperanzas que haxa unha sentenza favorábel", explica. "Temos todo en contra, a Fiscalía, a Avogacía do Estado, así como Renfe e Adif", sinala.