#sermos248: cooperativas, arquipélagos en expansión

Falamos das cooperativas como alternativas ao simple lucro, entrevistamos Ignacio Ramonet e Xavier Campos, debatemos sobre a EU e o euro, e non esquecemos que se fan 110 anos do himno de Pondal. Todo isto, e mais, xa na nosa loxa.

Compostela acolle a primeira asemblea de Espazocoop, a maior rede de cooperativas galega, que naceu este ano. Estratexia defensiva ante a crise do emprego ou aposta nun cambio de modelo económico. For cal for a motivación, o sector medra e innova em fórmulas de xestión. Avanzamos o futuro, din as súas e os seus promotores. ‘Aquí mandan as traballadoras e traballadores’.

‘As crianzas non traen o pan baixo o brazo’. Falta de assessoramento e apoio durante o embarazo, parto, postparto e aleitamento. Imposición dun modelo de crianza estandarizado e invisibilización doutras perspectivas, así como a laminación do idioma propio na escolarización. Estes son, canda as dificultades derivadas dun contexto de crise, marcado polo desemprego e a precariedade, os factores que inciden no continuado descenso da natalidade e nas na crianza que enfrontan as nais e pais no noso país.

A campaña da Mesa pola Normalización Lingüística avanza a cada semana e a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) chega xa ás 15 mil sinaturas (10 mil son as necessárias para entrar no Parlamento). A iniciativa, que vela pola garantía dos dereitos linguísticos no ámbito socioeconómico sen barreiras nin discriminacións, recolle e adapta para Galiza o estabelecido na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e no Protocolo de Donostia. ‘Unha ILP que chama ao sentido común’.

“Aberto e ambicioso”

Entevistamos Xavier Campos. (Ribadeo, 1978) É um dos arquitectos do BNG. As súas tarefas na ponte de mando da organización nacionalista teñen a ver con algo tan fulcral na política contemporánea como a comunicación. Nesta conversa móstrase, aliás, como alguén non prisioneiro das fórmulas convencionais, líquidas ou posmodernas, do márketing. Ás avesas diso, gosta de reflectir sobre que hai detrás das técnicas de propaganda. E o que hai chámase política. “Despois duns anos en que praticamente todo valía, a xente comeza a se fartar do ruído e a procurar outra vez argumentos e propostas solventes”.

‘Sánchez pasa da plurinacionalidade a apoiar Rajoy sobre Catalunya’. Sánchez adéntrase no labirinto: no Estado si hai nacións distintas da española, mais soberanía só hai unha, a estatal, a que consagra a Constitución de 1978.

“O auxe da extrema dereita ´consecuencia das polítics neoliberais”

Ignacio Ramonet (Redondela, 1943) vén de visitar Galiza para pronunciar unha conferencia na Coruña e para participar nunha homenaxe ao xornalista e escritor Ramón Chao en Vilalba. Director de Le Monde Diplomatique en español e teórico do altermundismo, o experto en xeopolítica reflexiona nesta conversa sobre a actualidade política en Europa, a crise da socialdemocracia e o “imperio da vixilancia”

‘CGTP convoca xornada nacional de loita para empurrar máis mudanzas’. O movimento operario português exixe do governo do socialista António Costa que acometa medidas que revertan os efectos das políticas de axuste, impostas pola Troika e executadas baixo os governos da dereita.

O recente atentado de Manchester volve por o foco em como o terrorismo é também um excelente elemento de distracção e o melhor amigo do populismo e do fascismo na Europa. ‘Do Médio Oriente a Manchester: as mesmas vítimas e responsáveis’.

‘Unión Europea e euro, solución ou problema?’ A Unión Europea como modelo e o euro como a súa chave de bóveda, a debate. A nova entrega da sección 5x2, que Sermos Galiza impulsa para conmemorar o seu V aniversario, reúne Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras, e Julio Torrado, deputado do PSdeG; para debullar esta cuestión. En Análise Edelmiro Fernández debulla os retos da cadea láctea ante os novos contextos.

E non falta nestee número o Fóra de Serie, con achegas, ideas, propostas e consellos. No selfie-entrevista parolamos com Mónica Fernández, coordenadora de ‘Youtubeir@s’. Felipe Senén adéntranos en Xaquín Marín e a retranca e o Museo do Humor. O colectivo Xea lévanos por um roteiro sem dificultade ningunha por Monte do Prado, na marxe melgancese do Minho.

Entrevistamos Anxos Fazáns (Pontevedra, 1992) escribiu, dirixiu e editou proxectos cinematográficos propios em diferentes formatos. Fitas que a levaron ao Festival de Cans ou ao Carballo Interplay. Fai un descanso para conversar con nós de cine nunha das longas xornadas de rodaxe da que é a súa primeira longametraxe: A estación violenta, unha película de Matriuska Producciones baseada na novela homónima de Manuel Jabois e que tem como protagonistas Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato.

‘110 anos de himno de Pondal’. Alén do centenario do pasamento do poeta bergantiñán, este 2017 lémbranos tamén que hai 110 anos que se interpretaba por primeira vez de forma oficial o himno de Galiza na Habana. Foi un 20 de decembro de 1907 no Centro Galego por iniciativa de Xosé Fontenla Leal. Porén, a letra orixinal do poeta non é a que chegou aos nosos días e se oficializou en 1984. E agora, por mor destas efemérides, regresan os intentos de restaurala.

E neste número non faltan as achegas dos colaboradores. Xoán Costa, David Oteiro, Marga do Val, Nachortas, Tokio, Mercedes Espiño, Mario Regueira, Pepe Barro, Andrés Castro, Ramón Vilalta...