O sindicato catalán Intersindical-CSC dá o seu apoio á greve xeral do 19 de xuño
O sindicato catalán Intersindical-CSC dá o seu apoio á CIG perante a greve xeral convocada pola central soberanista galega para o 19 de xuño. Intersindical destaca a importancia do “exercicio da solidariedade e o internacionalismo solidario”. Lembra esta central que a CIG, “sindicato maioritario galego”, convocou unha xornada de paro xeral perante a “emerxencia nacional e social” de Galiza. Un día para a mobilización para recuperar dereitos sociais e laborais e pular pola derrogación das reformas laborais, aponta esta organización en referencia aos motivos expostos polo secretario xeral da CIG para a greve.
Intersindical foi una das convocantes da greve catalá do 8 de novembro, sendo denunciada pola gran patronal acusando o sindicato de facer una “greve política”. "Foment del Treball di que non somos representativos como para convocar un paro xeral e que ademais aquela foi unha greve política", afirmaba nunha entrevista con Sermos Galiza o secretario xeral do sindicato, Carles Sastre.