A situación das persoas refuxiadas a debate

Galiza Nova organiza senllos coloquios en Pontevedra e Compostela sobre a crise humana que atinxe as fronteiras europeas.

 

Con motivo da situación que atinxe as persoas refuxiadas a organización xuvenil, Galiza Nova, organiza dous debates para afondar nas causas desta crise humana. 

Será a cuarta feira (16 de setembro) n'A Silveira (Compostela) ás 20:30h e o 17 de setembro ás 20h na Casa Azul de Pontevedra. Nas mesmas participará o analista internacional e colaborador de Sermos Galiza, Duarte Correa, xunto ao secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.