Soben levemente os casos activos a 2.490 e baixan en 15 até os 249 os pacientes Covid hospitalizados

Un sanitario prepara unha vacina da Covid-19. (Foto: Dominic Lipinski / PA Wire / Dpa)

Os novos contaxios descenden a 90.

Galiza rexistrou unha lixeira suba dos casos activos de Covid-19 até os 2.490, o que supón 9 máis que a xornada anterior, polo que se freou a tendencia descendente, mentres que se reduciron en 15 os pacientes con este coronavirus ingresados, que se sitúan en 249.

Segundo os datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta segunda feira, descenderon a 46 os pacientes Covid en UCI -3 menos- e a 203 os que permanecen noutras unidades 12 menos-.

Os hospitalizados con Covid baixan en cinco das sete áreas sanitarias galegas, mentres que as de Santiago e Barbanza -con cinco en UCI e 19 noutras unidades- e na de Pontevedra e O Salnés -con cinco en críticos e 13 noutras unidades- seguen sen cambios.

Tras iniciarse a semana cun descenso dos casos activos, os datos actualizados reflicten un lixeiro incremento até os 2.490, o que supón nove máis que a xornada anterior, ao detectarse 90 novos contaxios, un falecemento e 80 altas.

En concreto, os casos activos soben lixeiramente en catro das sete áreas sanitarias -Ourense (+7), Santiago e Barbanza (+5), Vigo (+1) e Pontevedra e O Salnés (+7)-, mentres que descenden nas da Coruña e Cee (-4), Lugo (-5) e Ferrol (-2).

Por contra, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba descenden a 90 en relación aos 103 da xornada anterior en Galicia e 107 do domingo.

Pola súa banda, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- volveu reducirse até o 2%, após repuntar ao comezo da semana a un 4%. Por tanto, Galiza segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.321 persoas diagnosticadas con Covid-19, despois de notificar Sanidade.