Soben lixeiramente os novos contaxios de Covid a 116 e os casos activos increméntanse a 2.805

Vacinación masiva no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi)
Os pacientes hospitalizados mantéñense en 176 e a taxa de positividad segue por baixo do 2%

Os novos contaxios de Covid-19 subiron lixeiramente até os 116 após iniciar esta semana con 107, mentres que os casos activos deste coronavirus aumentaron a 2.805, despois do descenso da xornada anterior. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados mantéñense en 176.

Segundo os datos actualizados na mañá dsta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda feira, seguen 37 pacientes Covid ingresados en UCI na Galiza e 139 noutras unidades de hospitalización. E hai 2.629 en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas de Vigo e Santiago-Barbanza; baixa nas de Ourense e Lugo; e mantense nas da Coruña-Cee, Ferrol e Pontevedra-O Salnés.

En canto aos casos activos, tras cinco xornadas consecutivas en descenso, aumentaron lixeiramente até os 2.805, que supoñen 16 máis, ao haber máis contaxios (116) que altas (98), ao que se engaden dous falecidos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden na da Coruña e Cee (-21) e aumentan nas de Vigo (+15), Santiago e Barbanza (+11), Pontevedra e O Salnés (+7) e Lugo (+4), mentres que se manteñen nas de Ourense e Ferrol.

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 subiron lixeiramente a 116, despois de iniciar esta semana con 107, o que supón nove máis.

Do total, 105 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 31 na área de Vigo; 24 na de Pontevedra e O Salnés; 20 na de Santiago e Barbanza; 14 na da Coruña e Cee; seis na de Ourense; outro seis na de Lugo; e catro na de Ferrol.

Pola súa banda, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- mantense por baixo do 2% nun 1,3% após iniciar a semana cunha baixada ao 1,6%. Continúa así por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. 

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.405 persoas diagnosticadas de Covid-19 na Galiza, tras notificar a Consellería de Sanidade eta segunda feira a morte doutras dúas.