Solidariedade da CIG coas detidas polo desaloxo da Insubmisa

Insumisa. Sala para concertos e conferencias

A CIG mostra a súa solidariedade para coas persoas detidas en relación ao desaloxo da Insubmisa, especialmente coa que está en prisión preventiva e ao que acusan dos delitos de atentado, lesións e sedición. O sindicato cualifica de “auténtico despropósito” estas acusacións e as elevadas penas que conlevan. “Imputar este tipo de delitos de fácil montaxe e díficil defensa -dada a excesiva discrecionalidade e a prevalencia dos testemuños da policía- é un dos recursos habitualmente empregados para perseguir, amedrentar e castigar de maneira exemplarizante a contestación social e a resposta nas rúas aos ataques do poder político e económico”.

 

O sindicato considera “especialmente rechamante” que se lle pretenda atribuír ao deito tamén un delito de sedición "por alzarse tumultuariamente contra os axentes" cando na protesta a violencia “exerceuse precisamente por parte da policía, que golpeu coas porras  e utilizou gas pementa contra as/os manifestantes”.