Estas son as empresas galegas que máis deben a Facenda

Mario Conde, candidato de SCyD á Presidencia da Xunta

Nomes como Mario Conde e Editorial Compostela seguen na lista 'negra' da Axencia Tributaria

Mavieira, grupo herdeiro de sociedades da desaparecida inmobiliaria Mahía e que se atopa en concurso, mantense en 2024 como o maior moroso da Galiza, con 34,6 millóns de euros, segundo a lista 'negra' de Facenda publicada esta sexta feira.

A Axencia Tributaria publicou o undécimo listado de grandes debedores de máis de 600.000 euros con Facenda no que figuran na Galiza empresas como Biocarburantes de Galicia (15,7 millóns), Producións Artísticas Lito (14,6 millóns) —da que era propietaria o falecido 'rei das orquestras' Lito—, así como nomes propios como o ex banqueiro de orixe galega Mario Conde (6,4 millóns).

Outros grandes debedores na comunidade galegas son: Mopavi (13,1 millóns); Ferrotec Aceiros e Ferrallas (9,8 millóns); Epaat SL (7,9 millóns); Clesa (6,6 millóns); Gallega de Molienda de Clinker (6,3 millóns); Martinsa-Fadesa (5,9 millóns); Costaverde Proxectos Inmobiliarios (5,7 millóns); Construcións Clelia (5,6 millóns); Energal Distribución de Biocarburantes (5,3 millóns); Ceres Gestión Empresarial (4,6 millóns); Transportes Martínez Souto (4,5 millóns) e Louropark Inversiones (4,3 millóns).

Algúns exemplos dos que saen da lista da Axencia Tributaria este ano están Fish-Kings, que figuraba con 10,5 millóns en 2023, así como Freiremar (con 5,6 millóns de euros en 2023) e Congelados y Conservas Galiciamar (4,9 millóns en 2023).

Máis debedores por riba dos 2 millóns

Entre outros, a lista de debedores galegos por riba dos dous millóns continúa con: Inalcuba (4 millóns); Covadonga Desarrollos Inmobiliarios (3,8 millóns); Carburantes Noroeste (3,5 millóns); Vialmar Galicia (3,3 millóns); Cinur Consultores Urbanísticos e Inmobiliarios (3,3 millóns); Confecciones Deus (3,3 millóns); Acantilados Paradise (3,2 millóns); Costrucciones Dafon (3,2 millóns); Reveva Inversiones (3 millóns).

Tamén están sinalados pola Axencia Tributaria: Grupo Espavene (2,9 millóns); Maderas Iglesias (2,9 millóns); Inversiones inmobiliarios Marvil (2,8 millóns); Aparcamientos Larga Estancia (2,7 millóns); Inmonuar (2,5 millóns); Biogal Centro Energético (2,3 millóns); Costura Invisible (2,5 millóns); Inmobiliaria Residencial Parque Ronda (2,4 millóns); Compañía de Protección y Vigilancia Galaica (2,4 millóns); Comercial Senra SA (2,2 millóns); Mantenimiento y Control Galaica (2 millóns) e perto dos dous millóns atópase Sercoysa (1,9 millóns).

Igualmente, máis abaixo na lista atópanse nomes como Editorial Compostela SA (1,2 millóns de euros), que era titular da cabeceira santiaguesa El Correo Gallego. O xulgado do mercantil número 2 da Coruña resolveu a venda ao Grupo Prensa Ibérica por 1,6 millóns de euros.