Estas son as máis de 100 entidades que se opoñen á "axenda mineira" da Xunta da Galiza

Cartaz pendurado esta fin de semana contra a minaría no Suído. (Foto: Nós Diario)
Segundo aseguran as 112 entidades asinantes a estratexia do Executivo galego contempla unha “inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro".

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostíbel da Galiza 2030” que lanzou este mes a Xunta da Galiza. Censuran a visión totalmente "tendenciosa" do documento que "criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro". Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a “captura total” da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que exixen a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma na Galiza” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. “Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou”, salientan desde Ecoloxistas en Acción.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. “Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos”, salientan.

Pola contra, a Axenda, indican, “omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto a minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos”.

“Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e complicidade da Administración galega, que agora cualifica estes colectivos como unha grande ameaza”, acrecentan desde a organización ecoloxista.

Inxección de fondos públicos

A estratexia, segundo aseguran, tamén contempla unha “inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos”. Desde os colectivos asinantes, exixen que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

Así, as entidades asinantes son:

1.   A de Rousmeri

2.   A Jalleira - Asociación forestal e de educación ambiental

3.   A Quenlla

4.   A Rente do Chan-PLADEVER

5.   A Ría Non se Vende

6.   Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras

7.   Amigas da Terra

8.   Amigas das Árbores de Ourense

9.   Arabías Soc. Cooperativa Galega

10. Asociación A Lama Vive

11. Asociación Alarma na Terra de Montes

12. Asociación Ambiental Contramínate

13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena

14. Asociación Amigas das Cegoñas

15. Asociación APEOM

16. Asociación Asemblea do Suído

17. Asociación Avoar

18. Asociación Axóuxere Editora

19. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes

20. Asociación Cultural Canle de Lira

21. Asociación Cultural Bubela de Abuín

22. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal

23. Asociación Cultural Fuco Buxán

24. Asociación Cultural Liceo Mutante

25. Asociación Cultural Lucerna

26. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

27. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra

28. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño

29. Asociación de Amigos da Dorna Meca

30. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas

31. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro

32. Asociación de Indignados de Gestoso

33. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal

34. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán 

35. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro

36. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo

37. Asociación Ecoloxista Arco Iris

38. Asociación Fixing

39. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA

40. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala

41. Asociación Nove Refachos

42. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

43. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)

44. Asociación Ridimoas

45. Asociación Sachos á Rúa

46. Asociación Touda

47. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia

48. Asociación Veciñal de Lentille

49. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo

50. Asociación Verdegaia

51. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo

52. Ateneo Libertario Pontevedra

53. BerXallas Minaría Destrutiva Non

54. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio 

55. Biblioteca Maravilhas

56. Central Unitaria de Traballadoras - CUT Galiza

57. Centro de Saberes para a Sustentabilidade

58. Centro Social A Gentalha do Pichel

59. Centro Social A Pedreira

60. Centro Social Mádia Leva

61. Colectivo Agrocuir da Ulloa

62. Colectivo Arroutada

63. Colectivo ArteLixo

64. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades

65. Colectivo Capitán Gosende

66. Colectivo O Suído 

67. Comisión contra as Minas na Terra Chá

68. Confederación Nacional do Traballo - CNT Galiza

69. Confraría de Pescadores de Noia

70. Confraría de Pescadores de Portosín

71. Cornado Mina Non

72. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

73. CSA Casa Colorida

74. Ecoloxistas en Acción

75. Federación Ecoloxista Galega

76. Federación Rural Galega (FRUGA)

77. Fridays for Future Santiago

78. Fundação Montescola

79. Greenpeace

80. Instituto Resiliencia

81. Movemento Galego polo Clima

82. Naturgalicia

83. Organización Galega de Comunidades de Montes

84. Plademar Muros-Noia

85. Plataforma anti-minas de Mesía

86. Plataforma Casalonga limpa de residuos

87. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins

88. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago

89. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega

90. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

91. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

92. Plataforma Oro No

93. Plataforma pola Defensa do Monte Neme

94. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre

95. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

96. Plataforma pola Recuperación do Sar

97. Plataforma Quixote de Outes

98. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non

99. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio

100. Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non

101. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo

102. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista

103. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

104. Salvemos a Comarca de Ordes

105. Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas

106. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas

107. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

108. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

109. SOS Encrobas

110. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural

111. The Foundry

112. Zuleiro Grupo de Consumo