Estas son as mobilizacións que SOS Sanidade Pública convoca para este 26 de abril en "defensa da Atención Primaria"

12-F: Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela. (Foto: Arxina).
SOS Sanidade Pública lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) refírese á Atención Primaria como a "pedra angular" dos sistemas sanitarios e fixa unha serie de medidas a aplicar nos países de todo o mundo que comparte a plataforma.

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha serie de mobilizacións para a vindeira cuarta feira 26 de abril en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa da Atención Primaria.

Segundo informou nun comunicado, estas son as principais actuacións que o colectivo desenvolverá no marco desta data contra unha Xunta da Galiza cuxa "única estratexia", denuncia, é "desmantelar e privatizar" o primeiro nivel asistencial.

SOS Sanidade Pública lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) refírese á Atención Primaria como a "pedra angular" dos sistemas sanitarios e fixa unha serie de medidas a aplicar nos países de todo o mundo que comparte a plataforma.

"Ningún sistema, por forte que sexa, pode sobrevivir a falta de financiamento, persoal e á mala organización e xestión", advirte o colectivo, que denuncia que até o de agora "as únicas medidas adoptadas" pola Xunta da Galiza eran "meros retoques para suplir" a realidade e suprimir a obriga de dedicación exclusiva".

As mobilizacións

Eis a lista coas diferentes mobilización xa convocadas por SOS Sanidade Pública:

A Coruña – Obelisco – 20 horas

Ferrol – Ambulatorio Fontenla Maristani – 20 horas

Val Miñor – Alameda da Ramallosa – 20 horas

Poio – Centro médico Anafáns – 20 horas

Santiago de Compostela – Centro de Saúde Concepción Arenal – 12 horas

Burela – Centro de Saúde – 20 horas

O Grove – Praza do Corgo – 20 horas

Sanxenxo (dúas convocatorias) – Centro de Saúde de Baltar e Centro de Saúde de Vilalonga – ambas ás 19.30 horas

Vilagarcía – Praza da Galiza – 20.30 horas

Cee – Praza 8 de marzo – 19 horas

Moaña – Casa do Mar – 20 horas

Marín – Centro de Saúde – 20 horas

Cangas – Casa do Concello – 20 horas

A Guarda – Praza Aurelio Vicente – 20 horas

Ribeira – Casa do Concello – 20.30 horas

Lalín – Praza da Igrexa – 19 horas

Verín – Casa do Concello – 20 horas

Laxe – Centro de Saúde – 12 horas