Suso de Toro ve a chave dos incendios "nesa Ence protexida por Feijóo, Rajoy e todo o PP"

Suso de Toro, nun acto público

Escritor de longo pecurso, un dos máis notábeis das nosas letras, Suso de Toro sacha ultimamente con grande afán na leira de twitter. O seu veredicto sobre os incendios non pasou desapercebido para a comunidade internáutica. Engadimos mais unha voz ao coro destas últimas horas.

A indignación reborda por momentos as augas do twitter e Suso de Toro, un dos intelectuais do país que con maior frecuencia emprega as redes para se expresar, deitou dous chíos abondo elocuentes sobre a súa visión da vaga de lumes que está a devastar o país.

 

O autor de Polaroid pon o albo na eucaliptización do país e nos intereses da multinacional Ence, auténticos tabús para a imprensa amiga do Partido Popular.