Tamén na Galiza, #EleNao contra o ultra-conservador Bolsonaro

elenao

Brasileiros e galegos concentráronse en solidariedade coa loita das mulleres en Brasil contra a candidatura de extrema-direita de Jair Bolsonaro  nas eleccións.

Unha concentración simbólica en Compostela, ao pé da estatua das Marías na Alameda na capital galega, plasmou a solidariedade coa loita que as mulleres brasieiras desenvolven baixo o HT #EleNao contra Jair Bolsonaro, candidato de extrema-dereita nas eleccións do Brasil.

Na xornada na que no Brasil estaban convocadas manifestacións masivas e multitudinarias de mulleres contra Bolsonaro e as súas propostas reaccionarias e machistas, tamén decorreron concentracións de #EleNao noutras partes do mundo, de Portugal a Holanda, de Canadá a Galiza.

 

Jair Messias Bolsonaro é capitánda resertamén va do exército brasileiro e deputado federal desde 1991. Alén dos discursos homofóbicos e machistas, o candidato admitiu ser un defensor da ditadura militar brasileira (1964-1985). Apesar de estar na política desde 1991, busca posicionarse como um “outsider” da política nos moldes de Donald Trump nos Estados Unidos.