Os falecementos por coronavirus na Galiza aumentan a 9 após morrer 4 pacientes nun día

(Europa Press)

Un home de 79 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e que tiña varias patoloxías previas é a cuarta vítima mortal con coronavirus que se rexistra na Galiza hoxe, sexta feira.

Catro persoas falecidas por coronavirus na Galiza nun só día. Unha cifra que eleva a nove o total de falecementos no noso país polo COVID-19. Un home de 79 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e que tiña varias patoloxías previas é, até agora, a última vítima na Galiza por este virus.

.Unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que tiña varias patoloxías previas foi a oitava vítima mortal con coronavirus.

Un home de 70 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e quetamén  tiña varias patoloxías previas foi a segunda vítima hoxe do COVID-19.

A primeira hora desta sexta as autoridades sanitarias informaban da primeira vítima desta sexta feira: un home de 89 anos de idade que estaba ingresado no Hospital de Monforte e que presentaba múltiples patoloxías complexas previas. Era veciño de Chantada e recibira recentemente unha visita dunha achegada de Madrid, que deu positivo ao virus tamén.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galzia rexistráronse 5 altas de pacientes e 7 falecementos.