Un terremoto volve sacudir Galiza: estes son os concellos en que se percibiu

O terremoto notouse en varios concellos galegos (Foto: Andrey VP / Adobe Stock).
É o segundo tremor que sacode o país no mes de novembro. O primeiro produciuse, precisamente, esta segunda feira no concello de Vilamarín (comarca de Ourense).

Varios concellos do país rexistraron esta terza feira un terremoto. Este tremor, con epicentro na localidade portuguesa de Melgaço, produciuse na madrugada cunha magnitude de 3,5 segundo o Instituto Xeográfico Nacional e a unha profundidade de 15 quilómetros.

A pesar diso, foi percibido en distintos concellos galegos como A Mezquita (comarca de Viana), Padreda, A Merca ou Cartelle (comarca de Celanova).

Outro sismo

É o segundo tremor que sacode o país no mes de novembro. O primeiro produciuse, precisamente, esta segunda feira no concello de Vilamarín (comarca de Ourense).

En concreto, sucedeu na madrugada do domingo á segunda feira, ao redor das 2.59 horas e tivo unha magnitude de 1,7, aínda que a unha profundidade de 24 quilómetros, polo que practicamente non se puido percibir.