Tes Toblerone na casa? Ollo, isto pode interesarche

Unha tableta de Toblerone. (Foto: TikTok).
Saltan as alarmas sobre a famosa marca de chocolate no Estado español.

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) alertou persoas alérxicas sobre a presenza de leite, améndoa, soia e ovo no chocolate con leite nougat (10%) de mel e améndoas da marca Toblerone, non incluídos na etiquetaxe estatal.

O produto implicado forma parte do lote de Toblerone, en concreto trátase do Toblerone Leite 100 g envasado con datas de caducidade de 8/12/2024, 15/12/2024, 25/12/2024, 26/12/2024, 07/01/2025 e 24/01/2025 e que foi comercializado en todo o territorio estatal excepto na Rioxa, Ceuta e Melilla. Con todo, non descartan que o produto se puidese redistribuír a estes territorios excluídos.

A AESAN tivo coñecemento destes detalles a través do comunicado do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (Sciri), dunha notificación de alerta trasladada polas autoridades sanitarias da Comunidade de Madrid. O obxectivo desta alerta é a retirada dos lotes afectados das canles de venda.

Recomendacións

Desde Sanidade recomendaron a persoas alérxicas non consumir o chocolate e aclarou que só supón un perigo para quen sofre alerxias e non para o resto da poboación.

Esta notificación é o resultado do autocontrol da propia empresa que comunicou a incidencia ás autoridades competentes en cumprimento da lexislación e a fin de non pór ao dispor da poboación alimentos non seguros.