Tremores na Galiza: rexistrados varios sismos con epicentro en Gomesende e na súa contorna
13 de agosto de 2021 (13:00 h.)
Nas últimas horas foron detectadas dúas sacudidas de magnitude 2,7 e 3,2.
O municipio de Gomesende, na comarca de Terra de Celanova, rexistrou varios tremores nas últimas horas detectados polos medidores do Instituto Xeográfico Nacional.
O máis forte tivo lugar pouco despos medianoite desta sexta feira, ás 00.12 horas.
Este sismo, de 2,7 de magnitude, foi percibido en varias localidades da contorna, e mesmo en comarcas lindantes como a de Ourense e O Ribeiro.
Máis tremores
Minutos antes deste tremor, o Instituto Xeográfico Nacional captou outros pequenos movementos na zona con epicentro no concello de Gomesende, mais tamén noutros da área como A Cañiza ou Cortegada.
No mediodía desta quinta feira, produciuse o tremor máis forte rexistrado nas últimas horas, de 3,2 de magnitude, percibido en distintos puntos da contorna.