O TSXG arquiva as actuacións sobre os regalos da empresa Monbús a Feijóo e Rueda

Feijóo durante o debate electoral (Foto: TVG)

Entende que os feitos do coñecido como caso ‘Vega Sicilia’ non son "constitutivos de delito"

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) notificou o arquivo das actuacións relativas aos regalos que a empresa Monbús fixo ao presidente e vicepresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, por "non ser" os feitos "constitutivos de delito". A resolución do TSXG no coñecido como 'Caso Vega Sicilia' non é firme polo que se pode interpoñer recurso de súplica.

A decisión do TSXG pordúcese despois de que o Tribunal Supremo rexeitase tamén a existencia de delito de suborno impropio no eurodeputado do PSOE José Blanco e os senadores do PP José Manuel Barreiro (portavoz o grupo popular no Senado) e Juan Antonio de las Heras por recibir de regalos botellas de viño de gran valor como regalos de Nadal por parte do  presidente do Grupo Monbus, Raúl López.