Unha árbore cae sobre unha zona de acampada nas Cíes e deixa catro feridos

Un camping nas illas Cíes (Foto: rudiernst / Adobe Stock).
Os feitos tiveron lugar ao fío das 04.50 horas da madrugada desta quinta feira. Nese momento, varios particulares chamaron ao 112 para informar dunha árbore caída sobre unhas tendas de campaña na zona de cámping das illas Cíes.

Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración ao derrubarse unha árbore nunha zona de cámping das illas Cíes, segundo informa o 112.

Foi necesaria a coordinación entre medios aéreos, marítimos e terrestres para evacuar os catro feridos. Dous deles foron trasladados a bordo do helicóptero de rescate 'Pesca I', de Gardacostas da Galiza, mentres que os outros dous tiveron que ser evacuados pola embarcación Salvamar Mirach, de Salvamento Marítimo.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 04.50 horas da madrugada desta quinta feira. Nese momento, varios particulares chamaron ao 112 para informar dunha árbore caída sobre unhas tendas de campaña na zona de cámping das illas Cíes.

A pesar de que, inicialmente, os alertantes indicaban a posibilidade de que houbese persoas con dificultades para abandonar os seus aloxamentos, logo comprobouse que todos os feridos estaban liberados e accesíbeis.

O operativo

Nada máis ter constancia dos feitos, o 112 puxo en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais do 061 e dos equipos de Gardacostas da Galiza e Salvamento Marítimo.

Ademais, co fin de coñecer as circunstancias do suceso, até o lugar acudiron axentes da Policía Nacional e Local.

Finalmente, os catro feridos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.