A USC propón videoconferencias multidisciplinares sobre a COVID-19

COVID-19

A análise interdisciplinar da nova realidade que está a deparar a pandemia provocada pola COVID-19 é o obxectivo da iniciativa de divulgación e debate lanzada desde o Campus da Cidadanía da USC e na que participarán como relatores unha serie de expertas e expertos a través de videoconferencias.

A Universidade de Santiago (USC) organizou apar este mes unha serie de videoconferencias coa intención de achegar unha visión didáctica e multidisciplinar da COVID-19. A actividade, promovida polo Campus da Cidadanía, poderá seguirse por Microsoft Teams.

A primeira da videoconferencias será esta terza feira 14 de abril, a partir das 18 horas, cun relatorio a cargo do catedrático de Medicina e Saúde Pública Juan Jesús Gestal baixo o título  “Regreso á normalidade trala pandemia de Covid-19”.

O ciclo continuará a quinta feira 16, á mesma hora, co relatorio “Xestión de crises, COVID-19 e profetas do pasado”, a cargo de Antón Losada. A seguinte videoconferencia estará protagonizada pola profesora da USC Rosa Crujeiras que o día 21 de abril impartirá unha charla que leva por título ‘A COVID-19 nunha ollada estatística: como buscamos pitonisos para quedarmos tranquilos’.

A última das sesións xa pechadas é a que terá como protagonistas o vindeiro día 23 de abril a Carlos Pereira Dopazo e a Mª Isabel Bandín Matos, que tratarán o potencial epidémico do virus COVID-19.