O #venresnegro toma novos folgos na defensa da independencia informativa na CRTVG

O persoal dos medios públicos mantén a mobilización contra a manipulación e censura e polo cumprimento da lei de medios de 2011.

O pasado domingo centos de persoas marchaban en Compostela “pola dignidade dos medios públicos”, secundando así a convocatoria dos comités de CRTVG e CRTVE a favor da independencia informativa e contra a manipulación. Unha movilización que reforzaba as diferentes acción desenvolvidas nos últimos meses polo persoal da CRTVG cos mesmos obxectivos.

 

Esta sexta feira, continuou a dinámica de mobilizacións cunha nova edición dos #venresnegros, a dezasete. Outra volta, persoal da CRTVG volve vestir con prendas de cor negra para denunciar a falla de pluralismo. Unha reivindicación que volveu ser secundada nas redes sociais por persoas de diferentes colectivos.

 

Hai unha toma de conciencia na sociedade de que os medios públicos non poden estar para atender os intereses do partido no goberno”, afirmaba antes da manifestación en conversa con Sermos Galiza Tiago Alvite, secretario do comité intercentros da CRTVG. “Temos que liberar a CRTVG e que faga o que ten que facer: cumprir a súa misión de servizo público, ser plurais, rexerse por criterios informativos…”, reivindicaba Raquel Lema, do comité de empresa da CRTVG.