VÍDEO | Prisión sen fianza para o home que arremeteu co seu coche contra un bar da Coruña

Momento no que coche arremete contra o bar. (Foto: Cedida)
O xuíz tivo en consideración o arco punitivo dos delitos polos que está investigado que son dous delitos contra a seguridade viaria, outro de tentativa de homicidio, en relación coa dona do estabelecemento, e varios delitos leves de lesións.

O Xulgado de Instrución número 3 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión para o home que arremeteu co seu coche contra un bar na Coruña, dándose posteriormente á fuga e sendo logo detido.

Así o informa o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), tras o pase a disposición xudicial do home. O xuíz decretou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza ao considerar que existe risco de reiteración delituosa e de fuga.

 

 

Ademais, tivo en consideración o arco punitivo dos delitos polos que está investigado que son dous delitos contra a seguridade viaria, outro de tentativa de homicidio, en relación coa dona do estabelecemento, e varios delitos leves de lesións.

No suceso, ocorrido o pasado sábado pola noite, varias persoas resultaron feridas despois de que o home, veciño da zona de Betanzos (As Mariñas) e ex parella dunha das mulleres que estaba en lugar, arremétese co seu coche contra un bar na Coruña e se dese á fuga.

Operativo policial

O suceso aconteceu sobre as 23.37 horas do sábado na rúa Europa e en relación a un altercado derivado dunha discusión anterior. O condutor acelerou varias veces antes de arremeter co seu coche contra o estabelecemento e levarse por diante a terraza e parte do interior do local, no que se atopaban varias persoas.

Acto seguido, o home deu marcha atrás e, ao emprender a súa fuxida, chocou contra un vehículo que se atopaba estacionado nas inmediacións. Con todo, non se detivo e deuse á fuga para ser, posteriormente, detido. Até o punto desprazáronse varias ambulancias e axentes da Policía.