Volve a máscara: Estes son os lugares nos cales será preciso volver colocala

Unha muller colocaunha máscara. (Imaxe: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
“Faise necesario reforzar as medidas de prevención nos centros sanitarios entre as cales está o uso da máscara", salientan desde a Dirección Xeral de Saúde Pública.

Algo que para moita xente ficou no pasado está de volta. A máscara que durante a pandemia da Covid-19 era de obrigado uso deixou de selo co paso da pandemia.

Agora, dada a “elevada circulación dos virus respiratorios reflectido polo aumento da taxa de consultas por gripe en Atención Primaria e das hospitalizacións por gripe”, segundo indican desde a Dirección Xeral de Saúde Pública, o uso da máscara volve ser preciso nos centros de Atención Primaria e nos centros hospitalarios.

"Reforzar medidas"

“Faise necesario reforzar as medidas de prevención nos centros sanitarios entre as cales está o uso da máscara, medida que se demostrou eficaz na prevención e control destas infeccións durante a pandemia da Covid-19”, salientan desde a Dirección Xeral de Saúde Pública.