Volve estar activo o incendio da Gudiña que a Xunta daba por controlado e xa queimou 240 hectáreas

Ùn hidroavión participa na extinción dun incendio na Galiza nunha imaxe de arquivo. (Foto: Arxina)

Un dos dous incendios forestais que afecta o concello da Gudiña (comarca da Viana), o da parroquia de Pentes, volve estar activo e a superficie calcinada ascende xa a 240 hectáreas.

A Consellaría do Medio Rural deu por controlado este lume ás 10:40 horas desta cuarta feira, pero perto das 17:00 horas informou da súa reactivación.

O lume iniciouse ás 13:18 horas do pasado luns. Mobilizáronse medios como 10 helicópteros, oito avións e 12 motobombas, entre outros, ademais de medios portugueses.

Por outra parte, está estabilizado desde as 13,00 horas deste mércores o lume declarado no mesmo municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, despois de calcinar 90 hectáreas. Iniciouse na medianoite entre o luns e o martes. Participan medios como oito helicótperos, oitos avións e 22 brigadas, entre outros