17 os concellos alerta 2 con riscos para as persoas

Incendio en Aldán visto desde Vigo [Foto: @MerchiGz]

De madrugada, por volta das 4 da mañá, declarouse alerta 2  na parroquia de Cangas, no concello lugués de Pantón.

Os concellos que son obxecto de situación alerta 2 son Monforte, Friol, Negreira, Nigrán, Lobios, Cervantes, Paderne de Allariz, Baiona, Chandrexa de Queixa, Baños de Molgas, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Gondomar, Cervantes e San Cristovo de Cea.

 

O últimos concello a se sumar a esta listaxe, por volta das 00.30 horas, é o municipio lugués de Pontón.

 

Continúan, aliás, os despexos. Na área de Vigo foi desaloxada a residencia de estudantes da Universidade, en Beade, Tamén foron evacuados as veciñas e os veciños dos núcleos de Vincios, Devesa e Sobreira, pertencentes ao concello de Gondomar.

 

Nota: esta noticia foi actualizada ás 7.28 horas da segunda feira 16-O