O xulgado desestima o recurso da Confederación Hidrográfica e confirma a paralización da tala en Sarria

sarria

A Plataforma considera que con este novo auto confírmase a ilegalidade da tala do bosque de ribeira e insta a Confederación Hidrográfica a cumprir coa paralización. 

O Xulgado de Instrución de Sarria ditou esta sexta feira un auto polo cal desestima o recurso de reforma que a Confederación Hidrográfica interpuxera contra o auto do 35 de mazro polo cal acordou como medida cautelar suspender a tala do bosque de ribeira. Unha tala que a CHN iniciara no marco das obras do proxecto de encauzamento do río Sarria e que xerou unha importante resposta popular.

A Plataforma afirma que a paralización cautelar vese agora confirmada polo Xulgado con este novo auto. Sinala, aliás, que na tramitación do recurso o ministerio Fiscal opúxose o recurso da Confederación e mesmo solicitou que fose desestimado.

O novo auto, indica a Plataforma sarriana, rexeita pois “todos os argumentos da Confederación, constatando que a tala carece da preceptiva autorización de Patrimonio, que o informe dese organismo implica manter “a vexetación de ribeira autóctona, en particular as árbores”, e considera que a argumentación xurídica ao respecto da Confederación é “peculiar e insuficiente”.

Tala non autorizada

A Plataforma afirma que no auto constátase que a tala “non está autorizada” pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Este colectivo entende que con este novo auto a CHN acatará a decisión xudicial pois, malia haber un provisional, a “Confederación eliminou outra átbore” esta mesma semana.