A Xunta detecta unha "falta xeralizada" de equipos de protección en servizos sociais

A cidadanía comeza a saír á rúa con medidas de protección (Foto: Europa Press).
A Consellería de Política Social admitiu esta terza feira que, no ámbito dos Servizos Sociais, está a detectarse "unha falta xeneralizada" de equipos de protección individual contra o contaxio por coronavirus, tanto en atención a domicilio como nas residencias.

A Consellería de Política Social admitiu este martes que, no ámbito dos Servizos Sociais, está a detectarse "unha falta xeneralizada" de equipos de protección individual contra o contaxio por coronavirus, tanto en atención a domicilio como nas residencias.

En resposta a Europa Press, fontes da consellería lembraron que a subministración de equipos de protección individual "está centralizada" polo Goberno do Estado. O vicepresidente Pablo Iglesias convocou esta tarde ás comunidades a unha videoconferencia na que a Xunta confía que se "dea resposta a esta situación".

Do mesmo xeito, Política Social tamén expresou a súa preocupación ante a posibilidade de que os efectos do coronavius e da situación de alarma leven a algunhas familias con maiores en residencias a non poder abonalas.