A Xunta intervén a residencia Quercus de Leiro, con 83 contaxios

Residencia Quercus de Leiro

Con 68 residentes positivos e 15 profesionais, a residencia  Quercus de Leiro é intervida pola Xunta da Galiza.

A Xunta interveu a residencia Quercus do municipio de Leiro, que acumula 68 usuarias e usuarios contaxiados de Covid-19 e outros 15 profesionais con enfermidade activa. 

A decisión da Administración galega adoptouse após o incremento de casos rexistrado nas últimas horas, que pasaron de 27 a 68 residentes con coronavirus en só 24 horas.

Deste modo, as Consellarías de Sanidade e Política Social asumen a xestión do centro para "garantir a calidade asistencial" e "a correcta protección" de persoas usuarias e traballadoras.

Un equipo de Política Social atópase desde a mañá desta sexta feira, 22 de xaneiro, na residencia para realizar un seguimento permanente das e dos usuarios e velar pola correcta aplicación das medidas preventivas. 

Pola súa banda, as os profesionais do Sergas vixiarán a prestación da atención sanitaria precisa.

Con estes datos e a falta de coñecer o balance diario de casos nas residencias de maiores, a residencia Quercus atópase entre os xeriátricos máis afectados pola pandemia e súmase a outros centros xa intervidos pola administración.