Xurxo Souto estrea neste Sermos 184 a súa sección mensal sobre a música galega

Chega esta quinta feira o Sermos 184 e faino con novidades, entre elas a primeira entrega da sección de Xurxo Souto.

Nesta nova etapa, co deseño de Pepe Barro, o Sermos continúa a incorporar novos contidos. Esta semana, no número 184 abre sección Xurxo Souto, cunha peza dedicada a Manuel María. O número trae tamén unha nova columna, da autoría de Paula Mariño,baixo o título "De Museos", un percorrido polos distintos espazos museísticos do país que terá tamén periodicidade mensal.

O Sermos 184 será tamén o da estrea de dúas novas sinaturas en Opinión: a escritora Marga do Val, que apresenta a súa sección E-pistola-Rio, e o tamén literato David Otero, que nos mostra a primeira entrega dunha serie que levará por título xenérico As Insuas.