15 e 16 de febreiro: mobilizacións pola recuperación dos dereitos laborais e sociais

Imaxe: CIG

CIG convoca concentracións e manifestacións en cidades e vilas. Suso Seixo, secretario xeral da central nacionalista, chama a “superar a pasividade” e incide na importancia da “mobilización social”.

Concentracións, manifestacións, asembleas, unha cadea humana...  cuarta e quinta feira da semana que vén, 5 e 16, acollerán mobilizacións convocadas polo sindicato CIG nas diferentes comarcas galegas para demandar a recuperación dos dereitos laborais e sociais perdidos durante estes anos. Estes actos enmárcanse na campaña que a central nacionalista impulsou a finais de 2016 e que se concretou en xaneiro coa manifestación en Santiago de máis de 3.000 persoas na defensa das pensións públicas.

A campaña quer presionar a favor da derrogación das medidas máis lesivas contra os traballadores aprobadas nos últimos anos. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, explica que a central sindical nacionalista acordou pór en marcha esta campaña para aproveitar o cambio de circunstancias políticas, cun Partido Popular gobernando sen maioría absoluta, o que permite que se formulen proxectos de lei dirixidos a derrogar todas esas reformas que se fixeron. “Entendemos que é o momento de presionar ao goberno para que se lexisle no camiño de recuperar estes dereitos perdidos. Sabemos que o goberno, por propia iniciativa, non o vai facer, porque o que fixo até o de agora en materia de política económica e sociolaboral responde ao modelo ideolóxico do PP”.

Mobilizacións do mércores 15 de febreiro:

-A Coruña: concentración no Obelisco ás 20.00 horas.

-Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.

-Lugo: concentración na Subdelegación do Goberno ás 20.00 horas.

-Ourense: asemblea de delegadas/os ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 11.30 horas.

-Pontevedra: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 12.00 horas.

-Vilagarcía: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na oficina do Inem ás 12.00 horas.

-Vigo: manifestación dende a Dobrada ás 20.00 horas.

-Ferrol: cadea humana dende o INSS ás 11.30 horas.

Mobilizacións do venres 17 de febreiro:

-Pontevedra: dende a Praza da Ferrería ás 20.00 horas.

-Vilagarcía: dende a Casa do Mar ás 20.00 horas.

-A Estrada: dende a Praza do Mercado ás 20.00 horas.