Apostar no país en tempos de crise
No editorial, no agro, nas novas tecnoloxías, no mar... xente que se move para erguer ou apuntalar proxectos co país como valor engadido. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 230, á venda xa na loxa. Eis un extracto da reportaxe.
Galiza foi o segundo territorio do Estado onde máis emprego se destruíu durante a crise. Perdemos miles de empresas, emigraron ducias de miles de persoas, o mercado laboral precarizouse até niveis moi baixos, quer en condicións, quer en salarios. Os anos de gran recesión deixan un panorama desalentador. Por iso merece atención que haxa persoas que continúen a apostar en erguer proxectos en Galiza. Como Suso, Ana e Ricardo, que impulsan en Chantada Queixerías Airas Moniz. Rural vivo
Suso Mazaira explica o porqué de apostar na comarca de onde son. “A innovación está no rural, temos un potencial enorme para facer produtos de altísima calidade. Cada zona de Galiza ten unha especificidade propia, e hai que saber aproveitala”. E teñen un compromiso claro: “Negámonos a crer que o rural non ten futuro, por iso facemos isto”.
[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 230, á venda no quiosque e na loxa]