Os bombeiros privados de Galiza poñen fin a unha folga de 500 días

Representantes dos traballadores e das empresas que xestionan os parques buscarán constituír unha mesa de negociación. Galiza é o único territorio do Estado que ‘privatizou’ o servizo de bombeiros.

 

Bombeiros de 23 parques comarcais iniciaban unha folga indefinida a finais de agosto de 2013. Unha marcha a pé desde o aparcadoiro de San Lázaro (Compostela) dau comezo a esta protesta. O colectivo de profesionais denunciaba naquela altura "a impunidade" coa que as empresas concesionarias tentaban mudar as condicións laborais ao tempo que critican a Lei de emerxencias aprobada pola Xunta de Galiza . Foron 500 os días do protesto no que pedían que se igualasen condicións de traballo en toda Galiza, unha folga suspendida nesta semana. Os efectos da mobilización, porén, non se deixaron notar moito polo feito de que os servizos mínimos eran case como os dunha xornada normal.

Representantes dos traballadores e das empresas que xestionan os parques privados de bombeiros van reunirse para tentar establecer unha mesa de negociación. Tentarase dar solución ás demandas do colectivo, que non son só salariais, senón tamén de coordenación, de retiro un bombeiro funcionario xubílase aos 60 anos, eles aos 67).

Desde o colectivo de bombeiros denunciaban no inicio da folga o proceso de privatizacións iniciado polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo.