CNT Galiza tamén rexistra a greve xeral de 24 horas do 8M

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) presentou no Ministerio de Emprego e Seguridade Social a convocatoria de greve xeral de 24 horas para o 8 de marzo, tal e como acordou a confederación por unanimidade no seu Pleno de Rexionais o pasado 27 de xaneiro. O sindicato fai un chamamento a mulleres e homes para secundar a greve. Os anarcosindicalistas lembran que con esta xornada  exixen a eliminación da fenda salarial, a eliminación de obstáculos á conciliación da vida laboral e familiar desde o punto de vista da corresponsabilidade, -ou a eliminación de toda discriminación no traballo ao servizo do fogar familiar.

.

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) en Galiza lembra que solicitou reunións cos grupos parlamentarios, coa Consellería e coa Confederación de Empresarios Galegos (CEG) para tratar esta situación “ desvantaxe que sufren as mulleres e negociar as reivindicacións e propostas de actuación, pero, ata o momento, só foron dúas as organizacións que responderon a dita solicitude de reunión: En Marea e Partido Popular”.

 

O sindicato indica que "coa vontade de seguir detrás do movemento feminista apoiando as súas accións, a CNT tamén secundará a manifestación que as organizacións feministas convocan o día 4 de marzo en Vigo. Ademáis, en diferentes vilas da Galiza estánse organizando manifestacións ou concentracións para o mesmo 8 de marzo.

 

A CNT de Galiza oficialmente convoca a greve de 24 horas o día 8 de marzo e en palabras do sindicato, “se as mulleres paramos, todo para. Xuntas paramos, xuntas avanzamos”.