A concesionaria da recollida de lixo na Coruña executa tres despedimentos disciplinarios

Lixo acumulado nunha rúa da Coruña o pasado 4 de xullo. (Foto Europa Press)
Estes tres despedimentos únense ás 39 sancións graves e 16 leves impostas até o momento

Prezero, a empresa concesionaria da recollida de lixo na Coruña, executou esta terza feira os tres primeiros despedimentos disciplinarios desde o comezo da folga, que se iniciou hai máis dun mes.

Segundo sinalaron fontes próximas á compañía, estes tres despedimentos únense ás 39 sancións graves e 16 leves impostas até o momento.

Así mesmo, estas mesmas fontes aseguraron que nos próximos días executaranse máis sancións de categoría moi grave e comunicaranse máis despedimentos.

Neste contexto, esta segunda feira a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, anunciaba que o Concello vai iniciar " accións xudiciais" e proceder a presentar unha denuncia ante a Fiscalía o vindeiro mércores pola folga "atípica" e "pouco legal" no servizo de recollida de lixos e os "actos vandálicos dunha violencia extrema" no mobiliario urbano.