A ruptura paira sobre a negociación do convenio da construción de Pontevedra, que afecta 14.000 traballadores

A patronal “desatende a maioría” das peticións sindicais, afirma a central maioritaria no sector, CIG.

A negociación do convenio da construción provincial de Pontevedra, que afecta 14.000 traballadores, está a piques de se romper, segundo denuncia a central maioritaria, CIG, que sinala como responsábel da situación á patronal, que non está por atender demandas como a mellora das condicións laborais en materia de subcontratación e garantías no caso de subrogación  nas empresas adicadas ao mantemento de estradas e vías férreas.

“As reivindicacións deberían ser asumidas porque, en definitiva, o único que pretenden e conseguir determinadas garantías para o cumprimento da lexislación vixente, tan a miúdo  vulneradas pola patronal  que, en moitos casos, aproveitándose da situación de necesidade de milleiros de traballadores do sector, están a impoñerlles condicións draconianas en materia de xornada e escamoteando salarios”, mantén a central nacionalista.

O sindicato afirma que a patronal pontevedresa alega impedimentos por parte da Confederación Nacional da Construción, “controlada grandes polas constructoras”. CIG xa anuncia que de non variar a súa posición a patronal, non variar a posición empresarial, o sindicato veríase na obriga de iniciar mobilizacións “para desbloquear o actual estado de cousas”.