Deteñen un traballador durante un piquete na segunda xornada de greve en Pescanova

Imaxe Gz Contrainfo

Luis B.P foi detido por unha presunta agresión a un axente de policía, o que negan compañeiros e sindicatos.

Un traballador foi detido na mañá desta terza feira, segunda xornada de greve en Nueva Pescanova, durante un piquete informativo na entrada da factoría de Chapela acusado dun delito de presunta agresión a un axente da policía. Compañeiros da persoa detida e sindicatos negan tal agresión. A súa versión é que no momento de entrada do persoal de oficinas, os anti-disturbios afastaron os piquestes informativos, momento no que unha rapaza caeu ao chan. Luis B.P tratou de axudala e caeu enriba dun axente, polo que foi detido.  O comité de empresa incide que en ningún houbo violencia nin intención de agredir os axentes.  

De por parte, centos de traballadores de Nueva Pescanova se manifestaron na mañá desta tera feira en Vigo contra a precarización, unha mobilización na que se pediu a liberdade do compañeiro detido. Os sindicatos convocantes, CIG, CUT, USO e UXT, adiantaron que a partir de agora intentarán darlle “eco social” a un conflito que “non é unicamente polo convenio de Pescanova, senón que ten que ver coa defensa das condicións laborais do conxunto do sector da Alimentación”. Así, promoverán o apoio solidario tanto dos Concellos de Redondela -onde teñen previsto intervir no vindeiro pleno municipal- e do Porriño como dos comerciantes destas localidades, para o que repartirán carteis entre os establecementos.

“Somos conscientes de que vai ser un conflito moi longo porque a empresa segue pechada nas súas propostas inasumíbeis, pero queremos deixar moi claro que non nos van desgastar e que imos resistir”, aseguran.