A dirección de Urbaser non acode a unha xuntanza co comité e o mediador da Xunta

“Trátase dun vacile en toda regra”, din os sindicatos sobre unha medida que a empresa tomou para intentar presionar ao persoal ante unha folga do lixo en Lugo que xa dura doce días.

A dirección de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo en Lugo, non se presentou á reunión convocada co comité de folga e coa presenza do mediador nomeado polo Consello Galego de Relacións Laborais, Benigno Sánchez, para intentar negociar e abordar a situación dun conflito que xa dura 12 días.

Segundo explicou, a empresa decidiu "non sentarse á mesa por incumprimentos dos traballadores nos servizos mínimos”. Porén, Urbaser recoñeceu que acabará sentando na mesa ante a presión que está a recibir por mor da greve.

Pola súa banda, o portavoz do comité de empresa, Julio Pacios, cualificou a medida da empresa como “un vacile en toda regra ao dereito a folga, aos traballadores, á cidadanía e ao Concello”.