O Estado cifra en 4% a temporalidade na administración galega e a Xunta sitúaa en 24%

Segundo cálculos da propia Xunta,  dun cadro de persoal de 19.900 persoas, case 4.900 son interinos e temporais.

O Estado ou a Xunta meten a zoca, e non pouco, á hora de avaliar o persoal temporal que traballa na función pública galega. O goberno central cifra nun 4%o persoal temporal que traballa na administración galega, excluídos docentes e Sergas. Unha porcentaxe baixa, seis puntos porcentuais por baixo da media das administracións autonómicas do estado español e que sitúa Galiza nun lugar de privilexio, sen apenas temporalidade no sector público, o que contrastaría co máis de 26% de temporalidade que se rexistra no mercado laboral galega, o índice máis alto de Europa canda Polonia.

Porén, a Xunta, máis realista, cifra esa temporalidade nun 24,5%, 20 puntos porcentuais máis que o estado. “Sobre uns efectivos de 19.898 persoas hai un total de 4.875 interinos e temporais, o que supón unha taxa de temporalidade do 24,5% moi afastada do 4% sobre a que negociaron e acordaron CCOO, UGT e CSIF” co ministerio de Montoro, como indica CIG-Administración.Unha porcentaxe de temporalidade que no que atinxe a persoal laboral aumenta até o 37%