Madrid zuga na canteira laboral galega
A marcha de traballadoras e traballadores galegos cara a outros territorios do Estado español acelerouse nestes últimos anos, nunha dinámica que ten Madrid como principal chuchador desa man de obra. Dos que abandonaron o noso país en 2017 case 36% tiveron como destino a capital do Estado. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 327 de Sermos Galiza.
En 2017 aumentou de forma considerábel o número de contratos asinados noutras autonomías a traballadores galegos e galegas. Un efecto chuchador de man de obra galega que ten o seu principal expoñente en Madrid. Esa comunidade autónoma rexistrou durante o ano pasado case 21.500 contratos a traballadoras e traballadores galegos. Unha cifra que supón un incremento de máis de 23% a respecto do exercicio anterior. Nos outros destinos principais que reciben man de obra de Galiza o aumento foi sensibelmente menor: 10% en Catalunya, 13% en Andalucía, 6% en Castela-León, por poñer tres exemplos.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 327 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]